Monday 16 de September de 2024

Cultura avanza a súa actividade dos vindeiros meses no marco dos programas da Rede Cultural da Deputación e Cultura no Camiño da Agadic


O monólogo de Carlos Blanco ou as actuacións de Caamaño&Ameixeiras e Grande Amore salientan entre as propostas culturais para este verán

Tamén actuarán Terbutalina, Pepo Suevos e os veciños Daniel Bellón e Diego Maceiras xunto a Mamá Cabra

O Concello de Fene vén de acollerse un ano máis á convocatoria da Rede Cultural da Deputación, solicitando dezaseis espectáculos que, xunto ás actividades contratadas con fondos propios e o programa Cultura no Camiño, conformarán boa parte da programación cultural prevista para este 2024. Trátase dun amplo abano de propostas dirixidas a todos os públicos.

No eido musical salientan os concertos de Iria Estévez, Os Cantaberneiros, Caamaño&Ameixeiras, Grande Amore, Ataque Escampe, A banda de Poi e Terbutalina. Tamén actuarán este ano os humoristas Carlos Blanco, Pepo Suevos, Leti da Taberna e Brais das Hortas. En canto aos espectáculos familiares ou dirixidos ao público infantil, a Concellería de Cultura avanza espectáculos de Peter Punk, o mago Dani Polo, O Castiñeiro do Apalpador, Caxoto, Pablo Díaz, Magic Mateo e Bellón, Maceiras e Mamá Cabra. E no Museo do Humor Xaquín Marín, que este ano conmemorará o seu 40º aniversario, haberá tres exposicións de producción propia ao longo do 2024: as dos concursos Demo Pequeno e Premios Curuxa e a mostra internacional O Olimpo da Caricatura.

A continuación, detállanse as actuacións confirmadas a día de hoxe da Concellería de Cultura, até finais de ano:

MAIO
• Do luns 6 de maio ao xoves 30 de maio na sala de exposicións temporais da Casa da Cultura
◦ Pingas de humor crítico, exposición de humor gráfico, caricatura e ilustración de Xoan Andrade Vidal
• Mércores 15 de maio, ás 18.00 horas, no Museo do Humor Xaquín Marín
◦ Obradoiro de banda deseñada a cargo do debuxante Santy Gutiérrez
• Sábado 18 de maio, ás 20.30 horas, no CMI Unidade de Fene
◦ Actuación de Iria Estévez co seu espectáculo Fíos de fado en colaboración co CMI Unidade de Fene e a Deputación da Coruña.
• Martes 21 de maio, ás 18.00 horas, na Biblioteca Municipal Xosemaría Pérez Parallé
◦ Espectáculo Brincadeira Pirata, de Teatro Calavera. Actividade organizada no marco da conmemoración do Día das Letras Galegas.
• Mércores 29 de maio, de 18.00 a 19.30 horas, na Casa da Cultura de Fene
◦ Xuntanza do Club de Lectura da Biblioteca Municipal

XUÑO
• Do venres 7 de xuño ao martes 30 de xullo no Museo do Humor Xaquín Marín
◦ Exposición do II concurso de Bd de Humor Demo Pequeno, organizada coa colaboración de Demo Editorial
• Venres, 14 de xuño, a partir das 19 horas nas instalacións do ACRD O Pote de Maniños
◦ I Xornada Literaria no Pote, organizada coa colaboración da ACRD O Pote de Maniños e AETNA.

XULLO (Ciclo “Xullo Mes da Patria”)
• Do venres 7 de xuño ao martes 30 de xullo no Museo do Humor Xaquín Marín
◦ Exposición do II concurso de Bd de Humor Demo Pequeno, organizada coa colaboración de Demo Editorial
• Venres 5 de xullo, a partir das 18.00 horas, na praza do alcalde Ramón J. Souto González
◦ Festa infantil con xogos de auga, animación, inchables…
• Sábado 6 de xullo, a partir das 13.30 horas, na pista da Liga de Amigos de Barallobre
◦ Os Cantaberneiros co seu espectáculo Cantos tabernarios. Actividade organizada coa colaboración da ACRD Liga de Amigos de Barallobre e a Deputación da Coruña
• Martes 9 de xullo, ás 21.00 horas, na praza do CPS de San Valentín
◦ Peter Punk co espectáculo Peor Imposible, coa colaboración do CPS de San Valentín e Agadic
• Mércores 10 de xullo, ás 21.30 horas, na praza do alcalde Ramón J. Souto González
◦ Monólogo de Carlos Blanco, con entrada gratuíta (reserva previa). En colaboración coa Deputación da Coruña
• Xoves 11 de xullo,ás 21.00 horas na Praza do alcalde Ramón J. Souto González:
◦ Concerto de Caamaño&Ameixeiras co espectáculo Quitar o aire e Grande Amore, presentando o seu último disco II, coa colaboración da Deputación da Coruña.
• Venres 12 de xullo
◦ A partir das 20.00 horas, no parque liñal do Río Cádavo, lectura da Declaración Institucional polo Día da Patria Galega
◦ A partir das 21.00 horas, Festival de Habaneiras e Canto Coral, na Praza do alcalde Ramón J. Souto González. Actividade organizada coa colaboración das corais e rondallas participantes

AGOSTO
• Sábado 10 de agosto, a partir das 13.30 horas, no Parque da Hortiña
◦ Concerto de Ataque Escampe co seu disco Xira dos cabaliños, coa colaboración da AC Felicia e da Rede Cultural da Deputación
• Sábado 17 de agosto a partir das 22.30 horas na Pista do CCRD Perlío
◦ Concerto de Poi co espectáculo Poi ao vivo, coa colaboración da Asociación Perla Mural Fest e Agadic
• Domingo 25 de agosto, ás 12.30 horas, na pista do Pote de Maniños
◦ Actuación do mago Dani Polo co espectáculo Inefable, coa colaboración da ACRD O Pote de Maniños e a Agadic

SETEMBRO
• Do 6 de setembro ao 30 de outubro no Museo do Humor Xaquín Marín
◦ Exposición de humor gráfico O Olimpo da Caricatura, organizada polo Museo do Humor Xaquín Marín coa colaboración da Xunta de Galicia (programa de Axudas destinadas a Centros Museísticos 2024)
• VI Festival Internacional de Entes Animados (pendente de concretar datas)
• Sábado 21 de setembro, ás 13.30 horas, no Paseo Marítimo de San Valentín
◦ Concerto de Terbutalina co disco Era Cabra, coa colabroación da AC Centolos e a Deputación da Coruña.

OUTUBRO
• Do 6 de setembro ao 30 de outubro no Museo do Humor Xaquín Marín
◦ Exposición de humor gráfico O Olimpo da Caricatura, organizada polo Museo do Humor Xaquín Marín coa colaboración da Xunta de Galicia (programa de Axudas destinadas a Centros Museísticos 2024)

NOVEMBRO (Ciclo “Novembro, Mes do Humor”)
• Do venres 8 de novembro ao venres 29 de novembro, no Museo do Humor Xaquín Marín
◦ Exposición Premios Curuxa 2024
• Venres 8 de novembro, ás 20.00 horas, no Museo do Humor Xaquín Marín
◦ Entrega dos Premios Curuxa e actuación de Pepo Suevos co seu espectáculo Á Caída, coa colaboración da Deputación da Coruña.
• Venres 15 de novembro, ás 20.00 horas, no Museo do Humor Xaquín Marín
◦ Monólogo de Leti da Taberna co espectáculo Enredada, en colaboración coa Deputación da Coruña
• Venres 22 de novembro, ás 20.00 horas, no Museo do Humor Xaquín Marín
◦ Monólogo de Avelino González, Eran elas, en colaboración coa Deputación da Coruña.
• Venres 29 de novembro, ás 20.00 horas, no Museo do Humor Xaquín Marín
◦ Monólogo de Brais das Hortas co espectáculo Contos de defuntos e outros asuntos, en colaboración coa Deputación da Coruña

DECEMBRO
• Xoves 12 de decembro, ás 18.30 horas, no salón de actos da Casa da Cultura
◦ Actuación de O Castiñeiro do Apalpador, con Inacio Vilariño en colaboración coa Deputación da Coruña
• Venres 13 de decembro, ás 18.30 horas, na Biblioteca Municipal Xosemaría Pérez Parallé
◦ Actuación para bebés, de Caxoto (A trastenda do contos) co seu espectáculo Levántate Xan!, en colaboración coa Deputación da Coruña
• Xoves 19 de decembro, ás 18.30 horas, no salón de actos da Casa da Cultura
◦ Actuación de Pablo Díaz co espectáculo Canta Música, en colaboración coa Deputación da Coruña.
• Venres 20 de decembro, ás 20.00 horas, no salón de actos do AVV San Xurxo de Magalofes
◦ Actuación de Magic Mateo, co espectáculo Magic Mateo Show, coa colaboración da AVV San Xurxo de Magalofes e a Deputación da Coruña.
• Sábado 21 de decembro, ás 20.00 horas (lugar por definir)
◦ Festival de Panxoliñas – Concello de Fene
• Venres 27 de decembro, ás 19.30 horas, no salón de actos do CCRD de Perlío
◦ Actuación de Bellón, Maceiras e Mamá Cabra co seu espectáculo A música das Buguinas, coa colaboración do CCRD Perlío e a Deputación da Coruña